Ciência e cinema no IndieLisboa 2013: quatro recomendações em galego*

O produtor, programador e crítico de cinema galego, Martin Pawley, aceitou o nosso desafio e desenhou uma trajectória de ciência e cinema que é possível percorrer na edição de 2013 do Festival IndieLisboa. O desfile de cinema independente começa hoje, 18 de Abril, e permanece nas salas de Lisboa até dia 28.

Aqui ficam as sugestões – em bom galego! – daquele que foi também o responsável pela Mostra de Ciencia e Cinema da Corunha.

LEVIATHAN de Lucien Castaing-Taylor e Véréna Paravel.
2012. 87 minutos. Competição internacional. | Trailer
Captura de ecrã 2013-04-18, às 02.12.21
Se só foran ver un filme en 2013, que sexa Leviathan, unha obra mestra que obriga ao espectador a vivir de maneira totalmente inmersiva os ritmos cotiás dun barco de pesca de arrastre. Os directores empregan multitude de pequenas cámaras para obter imaxes imposíbeis, arrebatadoras, do esforzo humano no medio da natureza máis brava; o impresionante tratamento de son contribúe a facer do filme unha experiencia en sala inesquecíbel, verdadeiramente hipnótica. Lucien Castaing-Taylor codirixe o Film Study Center e o Sensory Etnography Lab da Universidade de Harvard. Tanto el coma Véréna teñen formación como antropólogos.
Festivais: Locarno 2012, Toronto 2012, Viennale 2012, FICUNAM 2013, BAFICI 2013, entre outros.

DA VINCI de Yuri Ancarani.
2012. 25 minutos. Competição internacional. | Trailer
Captura de ecrã 2013-04-18, às 02.16.42
Da Vinci
é un sistema robótico deseñado para facer intervencións cirúrxicas non invasivas. É imposíbel non ficar fascinado pola beleza coreográfica dos movementos da máquina e -sobre todo- pola espectacularidade das imaxes de altísima definición do interior do corpo humano que nos ofrece esta marabilla coa cal Yuri Ancarani pecha a triloxía dedicada ao traballo integrada ademais por Il Capo e Piattaforma Luna.
Festivais: Roma 2012, Rotterdam 2013.

DONAUSPITAL – SMZ de Nikolaus Geyrhalter.
2012. 75 minutos. Pulsar do Mundo. | Trailer
Captura de ecrã 2013-04-18, às 02.20.46
Sete anos despois de examinar na fermosa e inquietante Our daily bread a (deshumanizada) produción industrial de alimentos, o director austríaco retrata a vida diaria dun dos maiores hospitais de Europa. Os cuartos dos pacientes, a sala de urxencias e a cociña; os servizos relixiosos e as reunións de traballo: a cámara descóbrenos todos os espazos para construír unha imaxe de conxunto da institución e revelar paralelismos entre o (cerebral) oficio do médico e do cineasta.
Festivais: FIDMarseille 2012, IDFA 2012.

METAMORPHOSEN de Sebastian Metz.
2013. 84 minutos. Pulsar do Mundo.
Captura de ecrã 2013-04-18, às 02.22.35
En setembro de 1957 tivo lugar un accidente na central nuclear de Mayak, nos Montes Urales, que está considerado o máis grave da historia despois dos de Chernobil e Fukushima. O réxime soviético fixo todo o posíbel por ocultar unha traxedia que provocou non menos de cincuenta mortos e deixou case medio millón de persoas expostas á radiación; algunhas zonas afectadas seguen a ter o acceso restrinxido por causa da contaminación radiactiva. O alemán Sebastian Mez (Essen, 1982) explora nun esteticista branco e negro o territorio e os seus habitantes nun filme que asenta a súa denuncia social e política no bo gusto artístico.
Festivais: BAFICI 2013.

 Escrito por Martin Pawley*
*Martin Pawley é produtor, programador e crítico de cinema. Entre 2007 e 2011 foi o responsável pela Mostra de Ciencia e Cinema da Coruña.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s